¡Feliz día das Letras Galegas!

¡Feliz día das Letras Galegas!

A Real Academia Galega homenaxea o 17 de maio a aquelas persoas que destacasen pola súa creación literaria en idioma galego ou polla defensa da lingua

O 20 de marzo de 1963, tres membros da Real Academia Galega (Manuel Gómez Román, Xesús Ferro Couselo e Francisco Fernández del Riego) presentaron nesta institución unha proposta histórica: Que se declarase o día 17 de maio de cada ano "Día das Letras Galegas".

Os tres membros da Real Academia expoñían que "debido ao motivo de se celebrar aquel ano o centenario da publicación de Cantares Gallegos de Rosalía de Castro, a Academia debería consagrar, con carácter de perdurabilidade, o simbolismo da data nunha celebración anual". 

A partir de ese ano a Real Academia Galega homenaxea o 17 de maio a aquelas persoas que destacasen pola súa creación literaria en idioma galego ou polla defensa da lingua. Cada ano se lle dedica aunha personalidade diferentes, escillida pola Real Academia Galega, tendo en conta se que esixen polo menos dez anos do seu falecemento. 

A figura protagonista hoxe, neste día das Letras Galegas, é María Victoria Moreno. Sendo así a cuarta muller homenaxeada tras Rosalía de Castro, Francisca Herrera Garrido e Maria Mariño. 

María Victoria Moreno, a pesar de non ser galega de nacemento (naceu en Cáceres no ano 1939), foi unha escritora española de literatura infantil e xuvenil en lingua galega e profesora de ensinanza secundaria en institutos de Lugo, Sanxenxo e Pontevedra. 

A todos os galegos e a todos os que vos sentides galegos, ¡Feliz día das nosas letras!


Comentarios