Aberto o prazo para a renovación e a preinscrición no programa municipal de psicomotricidade educativa e preventiva

Aberto o prazo para a renovación e a preinscrición no programa municipal de psicomotricidade educativa e preventiva

A actividade de psicomotricidade educativa e preventiva contempla á crianza na súa globalidade, acompañándoa no seu proceso madurativo

A actividade de psicomotricidade educativa e preventiva contempla á crianza na súa globalidade, acompañándoa no seu proceso madurativo. Neste sentido, durante o desenvolvemento das aulas, considérase fundamental o fomento da expresividade libre e espontánea, da liberdade de movemento, do xogo e do pracer. O obxectivo xeral que se persegue coa actividade de psicomotricidade educativa e preventiva é favorecer o desenvolvemento integral de cada nena e neno.

Dirixida a crianzas de 3, 4 e 5 anos, a actividade desenvolverase nas aulas de psicomotricidade dos CEIPs da Maía e Agro do Muíño de Bertamiráns e na escola infantil do Milladoiro. En cada centro, haberá tres aulas dividades por idades: unha de tres anos, outra de catro e unha terceira de cinco. En cada unha destas aulas non poderá haber máis de 15 crianzas inscritas. A actividade, dunha hora de duración, terá unha periodicidade semanal.

Actualmente, hai 71 nenas e nenos participando no programa municipal de psicomotricidade educativa e preventiva. Este martes, o concelleiro de Educación e Cultura, David Santomil, visitou as instalacións nas que se realizará a actividade no CEIP A Maía. 

As persoas que desexen renovar praza ou formalizar a preinscrición na actividade de psicomotricidade educativa e preventiva deberán entregar a documentación requirida no Rexistro Xeral da Casa do Concello, no Rexistro das oficinas de Educación do Pazo da Peregrina ou no Rexistro das Oficinas Municipais do Milladoiro, en horario de 09:00h a 14:00 horas. O prazo para facelo remata o vindeiro 24 de maio.

A ficha de preinscrición e de matrícula pódese recoller no departamento de Educación, no Pazo da Peregrina, ou nas Oficinas Municipais do Milladoiro. Así mesmo, a ficha tamén se pode descargar na sección de Avisos da web municipal. O impreso de renovación de praza xa foi entregado ás nenas e nenos que asistiron á actividade durante este curso.

Unha vez rematado o período de renovación de praza e preinscrición publicarase a listaxe de admitidas e admitidos, así como o prazo e os lugares de matrícula, nos taboleiros de anuncios do Concello en Bertamiráns e das Oficinas Municipais no Milladoiro. O prazo para a formalización da matrícula permanecerá aberto entre o 20 e o 30 de xuño. Para obter máis información pódese chamar ao número de teléfono 981 891 476 ou enviar un correo electrónico ao enderezo educacion@concellodeames.gal

Comentarios
Lo más