O Parlamento pide que a Xunta realice un estudo sobre os costes reais das competencias delegadas nas federacións deportivas galegas

O Parlamento pide que a Xunta realice un estudo sobre os costes reais das competencias delegadas nas federacións deportivas galegas

Lupe Murillo felicitou aos presidentes das federacións deportivas “porque souberon recuperarse da caída abrupta de ingresos nestes anos pasados”

O Parlamento de Galicia aprobou, logo dunha transacción entre o Grupo Popular e o Grupo Socialista, unha proposición non de lei a través da que se insta á Xunta a realizar un estudio dos costes reais do exercicio das competencias delegadas nas federacións deportivas galegas, que permita adecuar a financiación destes costes á súa realidade, valorando na medida do posible establecer marcos plurianuais de financiamento que faciliten a confección de orzamentos reais ás federacións deportivas. 

A portavoz de Deporte do Grupo Popular, Lupe Murillo, lembrou que “as federacións deportivas viron diminuída a cantidade a percibir dos orzamentos públicos da Comunidade galega nos últimos anos como consecuencia da crise económica”. 

A través deste acordo, Lupe Murillo explicou que “pretendemos que a Xunta delimite a realidade do custo das funcións que ten delegadas ás federacións deportivas, que é o mínimo que se debería financiar a través da Administración galega”.

Murillo explicou que “as federacións deportivas, como entes privados sen ánimo de lucro con funcións delegadas da Administración pública galega para á ordenación do deporte, amosan unhas características especiais que hai que ter en conta, probablemente mais pola súa falta de regulación que pola súa natureza xurídica”. Deste xeito, as Federacións deportivas desenvolven funcións e actividades varias no ámbito público e no privado, gozando de autonomía orzamentaria sen límite de gasto e só controladas polas auditorías que poida realizar, opcionalmente, a Secretaría Xeral de Deportes da Xunta de Galicia en base ó seu recentemente aprobado.

Para rematar, a portavoz popular felicitou aos presidentes das federacións deportivas galegas “porque souberon recuperarseda caída abrupta de ingresos nestes anos pasados, debendo adaptar as súas estruturas e gastos fixos a unha nova realidade que priorizou noutras partidas orzamentarias en momentos de crise económica do país”.

Comentarios
Lo más