Noites Teimudas en Compostela

Noites Teimudas en Compostela

O evento celebraráse na Escola Unitaria do Barrio de San Pedro grazas a idea da estudante Sofía Arangüena

O vindeiro 1 de xuño ás 20:00 horas da tarde terá lugar na Escola Unitaria do Barrio de San Pedro a velada de Noites Teimudas "relatos de fracaso para chegar ao éxito".

A idea xorde de Sofía Arangüena, estudante do posgrao Experto en Xestión Cultural da USC, coa cal pretende quitar estigma os fracasos, dende un ton directo, inspiracional e humorístico a través de testemuños de profesionais da cultura.

A velada terá como protagonistas a personaxes públicas tales como Diana López Varela, guionista, columnista e escritora de No es país para coños, Carmen Conde, humorista e narradora oral e Uxío Novoneyra fillo, xestor cultural, xestor de proxectos europeos e aldeólogo.

Ademáis dos relatos, a velada contará cun coloquio interactivo onde os asistentes se sentirán parte da mesma e un peche musicla coa artista multidisciplinar Laura LaMontagne.

NOITES TEIMUDAS

Noites Teimudas "relatos de fracaso para chegar ao éxito" ten a perseveranza, a coraxe, a positividade e o aprendizaxe como valores fundamentais. Busca naturalizar o fracaso como parte da vida, e mais especificamente, da vida laboral dos profesionais da cultura. Ademais, como selo distintivo, pretende facelo dende a motivación, o discursos inspiracional e o humro.

Pero non só iso, tamén pretende dignificar e revalorizar as actividades, traballos e accións que fan este profesionais e a súa importancia real no desenvolvemento social, económico e político, e denunciar a precariedade e inestabilidade de este sector imaxinado colectivamente como lugar do entusiasmo en palabras de Remedios Zafra, que non precisa de mais apoio ou recursos debido a paixón dos profesionais que o conforman.

Noites Teimudas será unha velada onde se festexe o saber facer dos galegos, a nosa teima, a nosa retranca e a creatividade como forma de entender o mundo.

Comentarios