Trinta ofertas para a renovación de pluviais, saneamento e pavimentación de tres rúas en Ribeira

Trinta ofertas para a renovación de pluviais, saneamento e pavimentación de tres rúas en Ribeira

Un total de 30 ofertas foron presentadas á renovación das liñas de saneamento e pluviais e da pavimentación das rúas Prado, Rocapellón e Campo da Agra: as tres situadas na parroquia riveirense de Corrubedo

Un total de 30 ofertas foron presentadas á renovación das liñas de saneamento e pluviais e da pavimentación das rúas Prado, Rocapellón e Campo da Agra: as tres situadas na parroquia riveirense de Corrubedo.

A acción, financiada no marco do POS+ 2017 da Deputación, comporta un investimento de 54.613,70 euros e ten un prazo de execución de tres meses. A mesa de contratación está inmersa na valoración de ofertas.

Actualmente, tanto a rúa Rocapellón como a rúa do Prado carecen de rede separativa de tal xeito que as augas residuais e pluviais son canalizadas por un único colector de formigón. No que se refire á rúa Campo da Agra, as acometidas das augas residuais domiciliarias están conectadas a unha tubaxe de formigón que desemboca nun emisario da praia do Prado en lugar de estar dirixidas ao bombeo do Prado que conecta á súa vez coa EDAR de Corrubedo. Por outra banda, os pavimentos de aglomerado e formigón están bastante deteriorados.

O obxectivo que persegue o proxecto elaborado é eliminar os vertidos das augas residuais ao medio mariño e conducilas á EDAR de Corrubedo, ademais de crear unha rede de saneamento para que chegue menos cantidade de augas pluviais aos bombeos, o que redundará nun mellor funcionamento destes e da propia estación depuradora.

Na rúa Campo da Agra conectaranse as acometidas domiciliarias de augas fecais e o colector que descorre pola rúa Rinchador á tubaxe de PVC instalada con motivo da instalación dos colectores e a EDAR de Corrubedo. En canto ao colector de formigón existente, utilizarase para a recollida de augas pluviais.

Na rúa do Prado se instalará un novo colector de PVC para saneamento, ademais de realizar as acometidas de augas residuais das vivendas colindantes a este tubo. Manterase o colector de formigón para a recollida de pluviais.

Na rúa Rocapellón instalaranse dúas liñas independentes, unha para saneamento e outra para pluviais, conectando a cada unha as acometidas correspondentes.

En canto a pavimentos, na rúa do Prado e na rúa Camnpo de Agra se aglomerará cunha mestura bituminosa en quente en tanto que na rúa Rocapellón utilizarase adoquín prefabricado de formigón en cores gris e vermello.

Comentarios