Inauguración o xoves 24 de maio da exposición dos artistas Álvaro de la Vega e Julio Sanjurjo

Inauguración o xoves 24 de maio da exposición dos artistas Álvaro de la Vega e Julio Sanjurjo

Inaugurarase o xoves 24 de maio as 20 horas

O xoves 24 de maio as 20 horas se inaugurará no Hotel Virxe da Cerca a exposición conxunta dos artistas Álvaro de la Vega e Julio Sanjurjo. Esta exposición realizarase dentro do convenio entre Pousadas de Compostela e a coordinadora de exposicións Cristina Carballedo, polo que artistas profesionais interveñen nos nobles espazos do Hotel Virxe da Cerca, edificio do século XVIII, antigua residencia de Jesuitas. 

Álvaro de la Vega é un dos referentes da escultura galega contemporánea, iniciou a súa traxectoria en Barcelona onde cursou estudios de Bellas Artes, iniciándose na pintura influenciado pola fotografía e o comic. Na década dos 90 comeza a traballar a escultura centrándose na figura humana e animal en madeira, ferro, cerámica e pedra. A súa obra caracterízase pola relación intensa entre o espazo, obra e espectador, formando parte de importantes coleccións nacionais e internacionais. 

Julio Sanjurjo é un dos referentes do panorama artístico galego. Realizou Bellas Artes en Madrid compaxinando durante anos a súa docente e artística. Pintor e escultor, toma como referencia a natureza que reinterpreta con un lenguaxe propio sobre diversos materiais como a madeira, a pedra ou o mármol. Destaca polo tratamento do color e a liñea cos que experimenta creando unha obra persoal que forma parte de importantes coleccións nacionais e internacionais.

Comentarios
Lo más