Mon Vives: "Queremos que comece xa o partido"

Mon Vives: "Queremos que comece xa o partido"

“Todos queremos xa que empece a eliminatoria e demostrar o que levamos facendo durante atempada”, explica Mon Vives, capitán da SD Compostela

A semana pasa e cada vez está máis preto o partido do domingo, o inicio da eliminatoria de campións contra o RCD Espanyol B. Os xogadores branquiazuis teñen ilusión, confían en si mesmos e por iso queren que chegue xa o momento de saltar ao campo.


“Todos queremos xa que empece a eliminatoria e demostrar o que levamos facendo durante atempada”, explica Mon Vives, capitán do equipo.

Á cabeza deste plantel cheo de xogadores novos, o mediocentro comenta que este duelo “hai que tratar de enfocalo con tranquilidade, seguindo a liña de todo o ano, pero tendo claro que os pequenos detalles son os que marcarán a diferenza e por iso temos que estar moi concentrados durante os 180 minutos”.

Ese detalle cre Mon que será o que decante a balanza, xa que presume uns partidos “de ti a ti, moi bonitos de ver para os espectadores”, razón pola que anima a que todo o público a que se achegue a San Lázaro para animalos.

Do rival, en base aos detalles que lles ensinou Yago nos adestramentos, analiza que son un conxunto que “apreta moito arriba, con xente que ten ganas de chegar ao primeiro equipo, o que se nota cada domingo, e que despois teñen moi bos xogadores por dentro, rápidos por banda, pero que destacan polo equipo”.

Estas as súas virtudes, pero se algo ten claro o plantel é que o Compostela tamén ten a súas e que son moi boas porque lles deu o campionato e esa será a liña a seguir por todos.

Comentarios