Denuncia a falta de auga na aldea de Santaia polas actuacións da promotora da mina de Touro

Denuncia a falta de auga na aldea de Santaia polas actuacións da promotora da mina de Touro

A veciñanza de A Santaia viuse na obriga de desviar o caudal do Ameneiro-Lamas fóra da aldea para salvar da contaminación os seus cultivos e terreos

A veciñanza empregaba as augas do río Ameneiro-Lamas para regadío de cultivos e hortas e abastecemento do gando e dun lavadoiro público. Na actualidade este río está gravemente contaminado polo depósito de residuos da mina que desbordan á ribeira.

A veciñanza de A Santaia viuse na obriga de desviar o caudal do Ameneiro-Lamas fóra da aldea para salvar da contaminación os seus cultivos e terreos.

O río Ameneiro-Lamas, tributario do Lañas e Ulla, ten o seu nacemento en terreos que non foron afectados durante a explotación mineira por Río Tinto, e que curiosamente foron contaminados agora polo depósito de materiais contaminantes, segundo documenta a asociación Aldea Viva.

Aldea Viva cursou denuncia á Consellería de Medio Ambiente solicitando o inicio dun procedemento de responsabilidade medioambiental ao abeiro da Lei 26/2007 contra o propietario da mina, Explotaciones Gallegas S.L., habida conta da relación de causalidade entre a contaminación deste río e as actuacións que o propietario realizou nos terreos mineiros para a creación de accesos ao futuro polígono empresarial, movementos de terras e incluso de materiais da balsa de lodos do proceso mineiro.

Aldea Viva descoñece qué proxectos de obras e autorizacións en zonas contaminadas ampararon semellante desfeita e se o concello de Touro tomou conta das actuacións e das consecuencias, dándose unha evidente falla de implementación de medidas de prevención, evitación e reparación. 

Comentarios
Lo más