O Grupo Municipal Popular de Ames solicita que todos os veciños e colectivos de Ames participen na elaboración do “Borrador de Participación Cidadá"

O Grupo Municipal Popular de Ames solicita que todos os veciños e colectivos de Ames participen na elaboración do “Borrador de Participación Cidadá"

Rexeitan o borrador elaborado polo Tripartito e solicitan a posta en marcha dun proceso participativo para a súa elaboración

Existe absoluta unanimidade entre todos os grupos políticos de Ames na necesidade de elaborar un regulamento de participación cidadá para dar resposta á demanda social de impulsar formas directas de participación cidadá na toma de decisións; democratizando e mellorando a política e actuación da nosa administración local; pero onde non existe unanimidade "é no proceso ou pasos a seguir para a consecución deste obxectivo común". 

A decisión do Tripartito de Ames de enviar directamente aos grupos municipais da oposición un “Borrador de Regulamento de Participación” e darlles "un curto prazo de tempo para realizar achegas non é a mellor maneira para lograr o obxectivo proposto". O Grupo Municipal Popular de Ames considera que "a elaboración do regulamento debe realizarse mediante un proceso participativo coas achegas de todos os veciños. Este consenso supoñerá un respaldo ao documento final, pois non tería sentido aprobar unha norma que vai regular a participación cidadá sen contar coa opinión dos cidadáns de Ames". É por isto polo que o Grupo Municipal Popular solicitou ao Goberno local o inicio do devandito proceso participativo que consideran que podería articularse nas seguintes fases:

1ª. Fase de información, na que se proporcione á veciños información sobre o proceso de participación que se vai a iniciar, indicando os obxectivos, as fases e o calendario de actuacións.

2ª. Fase de consulta para recoller as suxestións e opinións dos veciños. Nesta fase os veciños, as asociacións e demais entidades do Concello poderán achegar as súas opinións, suxestións e propostas para realizar o borrador do Regulamento.

As achegas poderán realizarse ben mediante un espazo habilitado na web municipal, ben mediante a presentación por rexistro dun cuestionario de opinión e achegas en papel.

3ª. Fase de Exposición do Borrador. O Borrador do Regulamento elaborado coas propostas e achegas dos veciños será sometido a exposición para que os veciños valoren o texto e procédase ao debate do mesmo. Do devandito debate pode xurdir a necesidade de novas modificacións e achegas ao Borrador, polo que se poderá dar nova redacción ao documento.

4º. Fase de participación Política. Unha vez concluídas as fases anteriores, o documento entregarase aos distintos grupos políticos con representación municipal para o seu estudo, valoración e realización das achegas que estimen oportunas á proposta de regulamento, co obxectivo de acordar un texto definitivo que será, unha vez informado favorablemente, o que se elevará ao Pleno para a súa aprobación.

Comentarios
Lo más