‘Do Camiño Vivido’ enche a alameda de Ordes de cor, música e poesía

‘Do Camiño Vivido’ enche a alameda de Ordes de cor, música e poesía
‘Do Camiño Vivido’ enche a alameda de Ordes de cor, música e poesía

Hoxe o dúo poético Aldaolado, formado por Lucía Aldao e María Lado, recitaba e musicaba creacións propias baixo o título ‘Todos os camiños levan á poesía’

Ao longo destes dous últimos días a alameda de Ordes encheuse de cores, sons e literatura. Se onte o artista lucense Iago Eireos enchía de fíos os plataneiros do lugar coa súa obra ‘Pasamaneiro’, hoxe o dúo poético Aldaolado, formado por Lucía Aldao e María Lado, recitaba e musicaba creacións propias baixo o título ‘Todos os camiños levan á poesía’. Entre o público puidose ver ao alcalde José Luis Martínez Sanjurjo como ao concelleiro de cultura, Xosé Manuel Mira.

Ambas propostas englóbanse no programa ‘Do Camiño Vivido’, que leva a cabo distintas xornadas participativas de creación artística arredor do Camiño Inglés. Ademais de Ordes outros lugares onte terán ocasión de disfrutar delas serán Narón (8 e 9 de xuño), Culleredo (15 e 16 de xuño) e Pontedeume (22 de xuño). Esta iniciativa está subvencionada e organizada pola Deputación da Coruña.

Comentarios