O Parlamento de Galicia declara loito oficial polo falecemento do deputado Carlos López Crespo

O Parlamento de Galicia declara loito oficial polo falecemento do deputado Carlos López Crespo
O Parlamento de Galicia declara loito oficial polo falecemento do deputado Carlos López Crespo

Santalices destaca o compromiso de López Crespo, do que subliña a súa “vocación de servizo e entrega sen límite na procura do ben

común”

O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, manifesta o seu pesar polo falecemento do deputado Carlos López Crespo.

O titular do Lexislativo galego desprazarase durante a xornada de hoxe ao tanatorio para trasladar persoalmente o seu pésame á familia do deputado falecido e poñerse á súa disposición.

Santalices Vieira destaca o “intenso compromiso de López Crespo en cada unha das responsabilidades institucionais que exerceu ao longo da súa vida política, na que destacou pola súa vocación de servizo e a entrega sen límite na procura do ben común”.

O Parlamento de Galicia declarou loito oficial polo falecemento do deputado.

Desde esta mañá, as bandeiras ondean a media hasta no Pazo do Hórreo en sinal de pesar.

Tanatorio da Rasa

O exalcalde de Outes (A Coruña) e deputado do PPdeG no Parlamento galego esta lexislatura Carlos López Crespo faleceu na madrugada deste luns aos 69 anos de idade vítima dunha enfermidade contra a que loitaba desde facía meses.

Os restos mortais de López Crespo foron trasladados ao tanatorio da Rasa, na localidade coruñesa de Noia (A Coruña), onde está a ser velado. O enterro celebrarase este martes na parroquia de San Pedro de Outes.

Comentarios