A licitación do servizo de docencia e organización da Escola Municipal de Música queda deserta

A licitación do servizo de docencia e organización da Escola Municipal de Música queda deserta
A licitación do servizo de docencia e organización da Escola Municipal de Música queda deserta

A mesa de contratación propuxo deixar deserta a licitación por entender que a oferta económica presentada pola única empresa que se presentara ao proceso non cumpría os requisitos esixibles e ese defecto non era subsanable

A Xunta de Goberno acordou hoxe, nunha sesión extraordinaria, deixar deserta a adxudicación do Servizo de dirección pedagóxica, docencia e organización da Escola Municipal de Música. O Executivo asume así a proposta da mesa de contratación celebrada esta mesma mañá, nunha decisión da que xa foron informados os traballadores e traballadoras do centro.

A mesa de contratación propuxo deixar deserta a licitación por entender que a oferta económica presentada pola única empresa que se presentara ao proceso non cumpría os requisitos esixibles e ese defecto non era subsanable. A Xunta de Goberno aprobou esa proposta, e o Executivo prevé ampliar a orde de continuidade da prestación do servizo á empresa que xestiona a Escola Municipal de Música, en vigor ata o 30 de xuño.

O alcalde, Martiño Noriega, explicou que o Goberno optará por "redactar uns novos pregos, nun proceso dialogado cos traballadores e traballadoras da Escola Municipal de Música, e coas nais e pais do alumnado". Segundo explicou, "tratarase de garantir a estabilidade do cadro de persoal e a calidade do modelo educativo". O rexedor aclarou que o primeiro será "estudar as posibilidades que ofrece a nova Lei de Contratos, e ese é un traballo que lle corresponde aos técnicos". 


Comentarios
Lo más