Continúa o programa Vives Emprende cos dous talleres formativos durante esta semana

Continúa o programa Vives Emprende cos dous talleres formativos durante esta semana
Continúa o programa Vives Emprende cos dous talleres formativos durante esta semana

O Concello de Ames e maila organización Acción contra a Fame están impartindo unha serie de talleres formativos e conferencias que se enmarcan dentro do programa Vives Emprende

sta semana continúan os talleres formativos e conferencias que se enmarcan dentro do programa Vives Emprende posto en marcha polo Concello de Ames e maila organización Acción contra a Fame. Dito programa comezou o pasado 3 de maio e xa se realizaron catro actividades sobre a construción de modelos de negocio, os estudos de mercado e clientela, o plan de marketing e a comercialización dun produto, e o novo regulamento europeo de protección de datos.

Deste xeito, este martes, 22 de maio, impartirase unha conferencia para dar a coñecer as competencias emprendedoras, a través dunha ferramenta de gamificación. Asemade, para este xoves, 24 de maio, está previsto o taller denominado a miña empresa na Internet: RRSS e comercio electrónico, onde se aprenderá a comunicar e vender un determinado produto/servizo a través da rede, redes sociais, páxinas web e o seu posicionamento.

Por outra banda, o 29 de maio abordarase o estudo de viabilidade: plan económico. Os participantes neste taller farán unha análise económica e financeira do seu proxecto. Tamén se falará da presentación de informes, estudo de liquidez e alternativas de financiamento. Por último, o 31 de maio tratarse o traballo en equipo e maila comunicación (adestramento da capacidade de relación, a comunicación e o traballo en equipo. Tratarase de facerlles ver aos participantes a importancia da escoita activa, da comunicación non verbal e da asertividade).

A concelleira de Promoción Económica, Isabel González, destaca “a aposta que se está a facer polas empresas de Ames e os emprendedores do noso concello, na que a formación e as actividades desempeñan un papel importante e se suma á rolda de visitas que se están a facer nas últimas semanas”.

Estes talleres son impartidos pola técnica de emprendemento de Acción contra a Fame, Itziar Villar, e profesionais especialistas en cada tema, nas oficinas municipais situadas na rúa Viorneira, número 6, en horario de mañá, de 09:30 a 13:30 horas. As persoas interesadas en participar poden contactar co departamento municipal de Promoción Económica, a través do enderezo promocioneconomica@concellodeames.gal, ou dirixíndose a Itziar Villar no correo ivillar@accioncontraelhambre.org ou no teléfono 689 869 465.

Comentarios
Lo más