"Hortalíza-Te" formará a quince mozos no coidado de hortas urbanas e o autoconsumo de produtos da tempada

"Hortalíza-Te" formará a quince mozos no coidado de hortas urbanas e o autoconsumo de produtos da tempada
"Hortalíza-Te" formará a quince mozos no coidado de hortas urbanas e o autoconsumo de produtos da tempada

Os obxectivos da actividade pasan por dar a coñecer as técnicas de manexo ecolóxico dunha horta urbana mediante contidos teóricos e prácticos

O Centro Xove da Almáciga acolle un programa de atención e coidado de hortas urbanas dirixido a mozos e mozas de entre 16 e 35 anos. Trátase dunha acción xurdida ao abeiro dos Orzamentos Participativos de Mocidade do 2018 e que acadou preto de 175 puntos. 

A actividade desenvolverase todos os luns de 18:00 a 20:00 horas, horario no que se impartirán os contidos teóricos básicos para que se poida traballar con posterioridade na horta. A acción estenderase ata o vindeiro mes de novembro. Ademais, as sesións gravaranse en vídeo e difundiranse a través das redes sociais co nome de "Brico-hortaconsello". 

Os obxectivos da actividade pasan por dar a coñecer as técnicas de manexo ecolóxico dunha horta urbana mediante contidos teóricos e prácticos, e tamén concienciar sobre os aspectos positivos que ten o autoconsumo dos produtos hortícolas. 

Noa Moreles sinalou que esta proposta "combina diversión e medio ambiente xa que ofrecerá unha valiosa formación sobre como xestionar unha horta propia. En Compostela contamos ademais con numerosas hortas espalladas por todo o termo municipal que están a ser moi demandadas pola veciñanza". 

Comentarios
Lo más