Abre o prazo para solicitar os carnés de usuario das piscinas municipais de Ames

Abre o prazo para solicitar os carnés de usuario das piscinas municipais de Ames
Abre o prazo para solicitar os carnés de usuario das piscinas municipais de Ames

O prezo oscilará entre os 5 e 20 euros dependendo das circunstancias de cada usuario

Ante a próxima apertura das piscinas descubertas municipais de Bertamiráns e O Milladoiro, o 15 de xuño, a Concelleraía de Deportes abriu este luns, 21 de maio, o prazo para facerse co carné de usuario destas instalacións. Para solicitar a tarxeta de usuario é preciso presentar a solicitude cuberta, unha foto actualizada orixinal tamaño carné por cada usuario novo ou carné do ano anterior se fose o caso, e a folla de autoliquidación selada pola entidade bancaria, que se pode solicitar de xeito presencia na Casa da Cultura do Milladoiro, na Oficina de Deportes de Bertamiráns ou nas oficinas de recadación.

Para este verán, ofértanse varios tipos de abono: o familiar de tempada que custará 20 euros; o individual para toda a tempada, de 14 euros, e o abono de tempada para menores de idade, de 7 euros. Tamén haberá abonos mensuais, de 7 euros para maiores de idade e de 5 euros para menores de 18 anos, ademais de facilidades para familias numerosas e con poucos recursos. Neste sentido, o terceiro irmán en abono, menor de 18 anos, terá unha redución do 50%. Os menores de 4 anos quedan exentos de pago.

Comentarios