Charla sobre os mitos do Alzhéimer en Ames

Charla sobre os mitos do Alzhéimer en Ames
Charla sobre os mitos do Alzhéimer en Ames

Será impartida por Graciela Rivas na Casa da Cultura de Bertamiráns o mércores 23 de maio

A Concellaría de Voluntariado e Benestar Social organizou para os vindeiros meses unha serie de cincos charlas dirixidas a persoas maiores de 60 anos. Cada unha destas conferencias abordará un tema diferente: alimentación saudable, prevención de demencias, sexualidade na idade adulta, prevención de estafas e roubos e recursos para persoas maiores que viven soas. Estas charlas enmárcanse dentro do programa municpal de envellecemento activo Amessan. Este mércores, 23 de maio, impartirase a segunda charla deste programa que tratará sobre a prevención de demencias e, en concreto, do alzhéimer. Será na Casa da Cultura de Bertamiráns, de 18:00 a 19:30 horas.

A charla será impartida por Graciela Rivas, traballadora social e técnica superior en animación sociocultural, especializada en xerontoloxía e atención á terceira idade. Falará da prevención de demencias, e en concreto, do alzhéimer, para desmentir algúns dos mitos que hai sobre esta enfermidade e informar sobre cales son os primeiros síntomas para non confundir con outras enfermidades. Ademáis, unha persoa contará a súa experiencia como coidadora dun enfermo de alzhéimer.

Comentarios
Lo más