Goretti Sanmartín reivindica a vocación de servizo público dos informativos locais radiofónicos

Goretti Sanmartín reivindica a vocación de servizo público dos informativos locais radiofónicos
Goretti Sanmartín reivindica a vocación de servizo público dos informativos locais radiofónicos

Reclamará no Pleno que a Corporación municipal inste á dirección da CRTVG a manter os informativos locais da Radio Galega e o espazo do Diario Cultural

A concelleira Goretti Sanmartín expresou a preocupación do BNG pola desaparición de programas de ámbito local “fundamentais polo achegamento á veciñanza de problemas da proximidade e tamén pola capacidade que teñen para dar esa visión plural, heteroxénea e diversa do país”.

"É unha misión fundamental dos medios de comunicación, tanto público como privados, de facer ese achegamento á realidade de cada veciño e veciña de cada localidade", sinalou. Referiuse á desaparición das emisións de Santiago TV, Correo TV e agora súmase o anuncio da Radio Galega de suprimir os programas informativos de ámbito local, que contribuían a dar a coñecer a realidade sociopolítica de Compostela". 

Cuestionou que un medio público como a Radio Galega “que naceu con esa vocación de servizo público e que se facía integramente en galego” anuncie a desaparición deses informativos locais “en detrimento da centralidade”.

Tamén mostrou a discordancia de que neste paquete de mudanzas se decida suprimir o Diario Cultural, que leva 28 anos en antena, “un espazo concreto destinado a debater, contrastar e opinar nun programa de referencia para o conxunto da poboación”. Referiuse ademais a que “todo o sector cultural está moi preocupado por esta cuestión”. 

Deste xeito, reclamará no Pleno que a Corporación municipal inste á dirección da CRTVG a manter os informativos locais da Radio Galega e o espazo do Diario Cultural.

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón e a deputada e portavoz na comisión de control da CRTVG, Olalla Rodil mantiveron hoxe un encontro co Comité Intercentros da CRTVG para avaliar a decisión da Dirección da Corporación Radio e Televisión de Galicia de suprimir as desconexións territoriais.

Rodil denunciou a “instrumentalización política do PP na radio e televisión galega”. Agora explicou Rodil "temos unha nova mostra desta utilización política cando a penas queda un ano para as eleccións municipais". "O PP quere controlar a información local aínda que para iso teña mesmo que vulnerar o principio fundamental que debe rexer sempre na radio e televisión de Galiza como servizo público”. 

Comentarios
Lo más