Convocatoria de proceso selectivo para 38 socorristas, unha brigada contra o lume e catro condutores de motobomba en Ribeira

Convocatoria de proceso selectivo para 38 socorristas, unha brigada contra o lume e catro condutores de motobomba en Ribeira
Convocatoria de proceso selectivo para 38 socorristas, unha brigada contra o lume e catro condutores de motobomba en Ribeira

Os interesados en poder presentar as súas solicitudes xunto co resto da documentación é de 10 días hábiles no caso da brigada e os condutores de motobomba e de 12 días naturais no caso dos xefes de praia e socorristas acuáticos

Tal e como sae publicado no Boletín Oficial da Provincia, o Concello de Ribeira pon en marcha tres procesos selectivos para a contratación dunha brigada de prevención e defensa contra incendios forestais, catro condutores de vehículos motobomba e, en terceiro lugar, a formación dunha listaxe para a prestación do servizo de salvamento e socorrismo acuático con previsión de 3 xefes de praia e 35 socorristas. 

A brigada contra o lume estará formada por un xefe de brigada, tres peóns e un peón condutor, en virtude do convenio de colaboración subscrito entre a Consellería de Medio Rural e o Concello de Ribeira. A duración dos contratos será de tres meses. 

Tamén serán de tres meses os contratos dos catro motobombistas orientados á prestación do servizo de prevención e defensa contra os incendios forestais mediante a actuación de dous vehículos motobomba. 

En canto aos socorristas, a duración dos contratos será de dous meses e dez días, prevíndose o inicio o 1 de xullo se ben en función das condicións meteorolóxicas poderíase adiantar ou retrasar (por igual motivo, poderase ampliar naqueles areais que se consideren máis necesarios). 

Os interesados en poder presentar as súas solicitudes xunto co resto da documentación é de 10 días hábiles no caso da brigada e os condutores de motobomba e de 12 días naturais no caso dos xefes de praia e socorristas acuáticos. 

Comentarios
Lo más