A área deportiva do Milladoiro acolle a festa de clausura das escolas deportivas municipais

A área deportiva do Milladoiro acolle a festa de clausura das escolas deportivas municipais
A área deportiva do Milladoiro acolle a festa de clausura das escolas deportivas municipais

O curso 2017-2018 das Escolas deportivas municipais chega ao seu fin e como todos os anos ao final da tempada celébrase unha festa de clausura onde todos os rapaces fan unha demostración do aprendido durante estos meses nas actividades que participaron

Este ano a festa de clausura das escolas deportivas será un evento distinto. Dende o Concello decidiron sacar as actividades deportivas á rúa. Lonxe de concentrar todas as actividades nun mesmo pavillon e lugar, este ano cada actividade terá unha pequena exhibición nun entorno distinto da área deportiva do Milladoiro. Así o tenis será na pista exterior desta modalidade deportiva; o fútbol sala (grupos feminino, de Bertamiráns e do Milladoiro) tamén se prcticará na pista exterior; as exhibicións de baloncesto serán na pista cuberta do IES do Milladoiro; e por último, o xadrez terá o seu espazo na entrada do pavillón polideportivo. 

Ademais, no interior do propio pavillón realizaranse exhibicións doutros deportes como judo, predeporte, ballet, ximnasia rítmica, voleibol e patinaxe (grupos de Bertamiráns, Barouta, e do Milladoiro). A festa desenvolverase de 16:30 a 19:30 horas. Dende a Concellaría de Deportes, e coa colaboración da empresa Serviplus, que xestiona o servizo das escolas deportivas, organizarase un evento familiar e festivo. Dende a Concellaría de Deportes agradecen a colaboración dos clubs que xestionaron as escolas este ano e que colaborarán no desenvolvemento desta festa deportiva. Ademais, animan a participar a toda a veciñanza nesta gran festa do deporte amesán.

Para achegarse ao Milladoiro o Concello de Ames ofrece servizo de transporte dende Bertamiráns. Así, un autobús sairá dende a praza da Maía ás 16:00h e ás 17:30 horas. Está previsto que regrese ás 19:30h dende a área deportiva do Milladoiro. Para facer uso deste servizo hai que inscribirse ata este xoves, 24 de maio, inclusive. Os interesados/as poden solicitar información e entregar o impreso de solicitude deste servizo na Casa da Cultura do Milladoiro ou na Oficina de Deportes de Bertamiráns (Casa do Concello), en horario de 9:00 a 14:00 horas.

O curso 2017- 2018 foi o do deporte no concello de Ames, debido ás máis de 2.000 persoas inscritas nas Escolas deportivas municipais. Con respecto ao ano anterior, o número de inscrición experimentou un aumento dun 4,1%, pasando das 2.251 no curso 2016-2017, ás 2.347 deste curso. Dende o pasado mes de outubro unhas 1.951 persoas participaron nas diferentes actividades que se impartiron, quedando na lista de espera un total de 389 veciñas e veciños, o que supón o 16,6% do total. Unha cifra que mellora a do curso pasado, no que case o 20% das persoas inscritas non obtiveron praza.

Ao comezo deste curso realizouse unha reorganización dos grupos existentes co obxectivo de dispor de novos grupos naquelas disciplinas máis demandadas, nomeadamente en patinaxe, ximnasia de mantemento, ximnasia rítmica, spinning e xadrez. O novo curso de patinaxe, nivel iniciación, creouse no Milladoiro e tivo unha clase semanal, que se estenderá a dúas o vindeiro ano. A ximnasia de mantemento, pola súa banda, contou cun novo grupo na parroquia de Agrón, estendendo, deste xeito, a actividade ao rural. Spinning tamén viu a súa oferta ampliada, coa creación dun novo grupo de mañá. Estes novos grupos permitiron reducir, de forma considerable, as listas de agarda.


No tocante á distribución dos grupos, a actividade de patinaxe, pertencente ao apartado de Formación deportiva, é a que volveu presentar un maior número de inscricións, superando as máis de 280 persoas usuarias. O tenis foi a segunda das actividades en número de inscricións, aglutinando cerca de 136 rapazas e rapaces. Das actividades dirixidas a persoas maiores de 14 anos, a actividade estrela foi, un ano máis, pilates, con máis de 315 usuarias e usuarios. A actividade de aerozumba, pola súa banda, foi outra das máis populares entre a veciñanza amesá, presentando máis de 200 inscricións.

Con respecto ao curso anterior, as actividades que experimentaron un maior aumento da demanda foron ximnasia de mantemento, cun incremento do 20%, e spinning, cun aumento do 23%. No referente ás actividades orientadas á mocidade, aquelas cun aumento maior foron tenis, xadrez e patinaxe. 

Comentarios
Lo más