Alumnos do Centro de Formación Profesional de Automoción do IES Nº1 de Ordes optan ao Premio Xóvenes Técnicos en Automoción 2018

Alumnos do Centro de Formación Profesional de Automoción do IES Nº1 de Ordes optan ao Premio Xóvenes Técnicos en Automoción 2018
Alumnos do Centro de Formación Profesional de Automoción do IES Nº1 de Ordes optan ao Premio Xóvenes Técnicos en Automoción 2018

Juan Cores e Adrián del Río trasladaranse a Madrid onde este xoves e venres competirán dentro da categoría de electromecánica

Juan Cores Juncal e Adrián del Río Fuentes. Estes dous alumnos do Centro de Formación Profesional de Automoción do IES Nº 1 de Ordes foron clasificados para participar na XV edición dos Concurso de Xóvenes Técnicos en Automoción. Concretamente competirán na categoría denominada perfil de tecnoloxía (electromecánica) xunto con outros catro estudantes provintes de Madrid e Cuenca. A fase final-presencial dos tamén coñecidos como Premios Fundación Comforp celebrarase os vindeiros xoves e venres, 24 e 25 de maio, en Madrid nas instalacións da empresa Bosch.

A dita categoría está aberta exclusivamente a alumnos e alumnas que cursen segundo ano de ciclos formativos de grao medio de electromecánica de vehículos, FP dual o ampliada do primeiro ano, segundo ano de grao superior de automoción, ou dual do primeiro ano. As probas concluíntes ás que se deberán afrontar Juan Cores e Adrián del Río constituirán en distintos plantexamentos como a solución de averías, resolución de maquetas etc.

Pero non é esta a única opción para que o IES Nº1 de Ordes coloque un novo recoñecemento nas súas vitrinas, xa que tamén participan no concurso de mini vídeos de automoción. A día de hoxe xa se lles pode botar unha man votando pola súa peza, a cal se pode visualizar a través do seguinte enlace: aquí. O xurado determinará cales son os dous traballos máis votados, os cales conseguirán premio.

Entre os obxectivos deste certame destácase, entre outros aspectos, a promoción dos estudos desenvolvidos nos que se impartan ciclos relacionados co transporte e mantemento de vehículos. Tamén potenciar actividades de investigación, documentación e estudo no ámbito da formación profesional, ademais de estimular ao alumnado para mellorar a calidade das ensinanzas e recoñecer e perfeccionar o labor do profesorado. A isto súmaselle a posibilidade que esta convocatoria supón para o encontro de profesioais e estudantado, e o estímulo para a relación entre centros educativos e empresas do sector. Neste eido cabe mencionar algunas das empresas que este ano colaboran nesta nova edición do concurso como son Mercedes Benz, Würth, Bosch, Michelín, Paraninfo, Cesvimap, Car Repair System, 3M ou Spanesi entre outras.

De acadar o premio nesta ocasión o Centro de Formación Profesional de Automoción do IES Nº 1 de Ordes non sería a primeira vez que se fai cun recoñecemento de tal relevancia. Cabe lembrar que xa en abril de 2016 a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa otorgáralle un premio dotado con máis de 3.000 euros pola elaboración dunha maqueta didáctica a escala dun motor Citroën HDI. Ese mesmo ano os alumnos acadaron o terceiro e cuarto posto no mesmo certame ao que volven a presentarse.

Comentarios