O club Boudsport presume de campións galegos

O club Boudsport presume de campións galegos
O club Boudsport presume de campións galegos

O Club Boudsport conta dende esta semana con 3 novos campións galegos, 2 subcampións e 5 bronces

O Club Boudsport conta dende esta semana con tres novos campións galegos, dos subcampións e cinco bronces, tras o seu paso polo Campionato Galego de Combate en Idade Escolar. A cita tivo lugar recentemente en Outes e está englobada dentro do programa Xogade que pon en marcha cada ano da Xunta de Galicia.

As medallas de ouro foron para Mateo Boudjenane Liñares, Abril Viqueira Pose e Pablo Figueira Marzoa; as de prata caeron en mans de Javier Varela Rivas e Alex Rey Franqueira; e, por último, os metais de bronce levaron as sinaturas de Eliana Suárez Mosquera, Olaya Blanco Sánchez, Claudia Diéguez Veiras, Alba Rey Franqueira e Alba Couselo Bascoy.

Comentarios
Lo más