Novo sábado de portas abertas do Goberno local

Novo sábado de portas abertas do Goberno local
Novo sábado de portas abertas do Goberno local

O alcalde e membros do seu equipo de Goberno estarán de 10 a 13 horas á disposición da cidadanía no mesmo Concello

Este vindeiro sábado, 26 de maio, o alcalde e membros do seu equipo de Goberno estarán de 10 a 13 horas á disposición da cidadanía no mesmo Concello. Como cada última fin de semana do mes terá lugar o chamado Sábado de portas abertas do Goberno local. Unha iniciativa dirixida á veciñanza para facilitarlle o contacto directo cos edís e co rexedor local. Un xeito especialmente pensado para aquelas persoas que non poden acudir ao Concello nos horarios establecidos durante os días laborables. Aínda que non é preciso solicitar cita previa quen o desexe pode facelo chamando ao 981 680 002.

Cómpre lembrar que tamén existe a posibilidade de contactar con Alcaldía a través do correo electrónico habilitado na páxina web do Concello de Ordes,http://www.ordes.gal, así como na App oficial do Concello de Ordes, a cal se pode descargar a través do seguinte enlace: http://bit.ly/2kdhWXk.

Comentarios
Lo más