Let Pádel Ames coroa aos mellores

Let Pádel Ames coroa aos mellores
Let Pádel Ames coroa aos mellores

Este pasado fin de semana disputouse nas instalacións de Let Pádel Ames o campionato galego de menores 2018, da Federación Galega de Pádel, onde participaron 49 parellas (36 masculinas e 13 femininas). Os 98 participantes estiveron divididos nas categorías alevín, infantil, cadete e xuvenil (masculina), así como nas categorías cadete e xuvenil (feminina)

As instalacións de Let Pádel Ames albergaron a pasada fin de semana o Campionato galego de menores 2018, da Federación Galega de Pádel, onde participaron 49 parellas (36 masculinas e 13 femininas). Os 98 participantes estiveron divididos nas categorías alevín, infantil, cadete e xuvenil (masculina), así como nas categorías cadete e xuvenil (feminina).

O torneo rexeuse polas normas da Federación Galega de Pádel. Os partidos xogáronse ao mellor de 3 sets con tie- break en todos eles, aínda que, o 3º set podía ser substituído por un súper tie - break a 10 puntos. Os partidos de consolación, xogáronse a 9 xogos, con tie-break en caso de empate a 8.

Os campións galegos das distintas categorías foron Daniel Navas Portela e Guillermo Díez Lafuente (alevín masculino); Iker Juarez Labayén e Ángel Deza Torrecilla (infantil masculino); Hugo Yáñez Gómez e Eduardo Fernández Fraga (cadete masculino); Héctor Guisande Fraga e Ignacio Vilariño Gestoso (xuvenil masculino); Lucía Pepe López e Marta Rábade Arias (cadete feminino); Laia Álvarez Maestre e Andrea Colinas Castro (xuvenil feminino).

Comentarios