As Marías locen xa novas cores

As Marías locen xa novas cores
As Marías locen xa novas cores

O traballo foi do escultor César Lombera

Maruxa e Coralia contan con novas vestimentas, nas que predomina a cor amarela, o rosa e o vermello. O novo asepcto da estatua das "Marías" está baseado en fotografías e documentación histórica que usou o escultor César Lombera para pintalas. 

As "dúas en punto" levaban xa máis de tres anos sen mudar de aspecto, e nesta ocasión, fano por unha roupa da que existe constancia histórica pero que nunca formara parte da estatua dende que se instalou na Alameda no ano 1994, obra do propio César Lombera. Maruxa (á dereita) leva un vestido verde con topos, un abrigo rosa e un mantón vermello. Pola súa banda, Coralia leva un vestido granate, un abrigo amarelo e un paraugas violeta. 

Ata o de agora viñan predominando cores máis escuras, como o vermello e negro, no caso do primeiro traxe; o vermello e o azul escuro, no segundo ou o vermello e unha gama deazuis no último dos cambios realizados. 

Pola contra, esta vez decidiuse optar por cores máis vivas para rememorar que as Marías adoitaban vestir de maneira chamativa e alegre.

Comentarios
Lo más