El conselleiro de Política Social visita o XII Encontro de Maiores de Outes

El conselleiro de Política Social visita o XII Encontro de Maiores de Outes
El conselleiro de Política Social visita o XII Encontro de Maiores de Outes

O responsable da área social do Goberno galego apuntou que o obxectivo “é que as persoas maiores vivan máis anos e que os vivan mellor, levando unha vida plena, activa e o máis autónoma posible”

O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, compartiu parte da xornada de hoxe cas persoas que participaron no XII Encontro dos Maiores que tivo lugar no concello coruñés de Outes. Este encontro, de carácter lúdico, deu ao conselleiro unha nova oportunidade para escoitar de primeira man as experiencias e demandas das persoas que asistiron ao evento.

Na súa intervención, Rey Varela apuntou que “a lonxevidade da poboación lonxe é a mellor mostra do moito que ten avanzado a sociedade en eidos como a sanidade, o benestar ou a ciencia grazas ao esforzo das xeracións pasadas e das actuais”. Nesta liña, indicou que o obxectivo “ten que ser que as persoas maiores, ademais de vivir máis anos, os vivan mellor, levando unha vida plena, activa e o máis autónoma posible”.

Ademais, o titular autonómico fixo referencia aos múltiples servizos que o seu departamento autonómico pon a disposición deste sector da poboación, facendo especial fincapé na atención a dependentes e persoas con discapacidade. Ao respecto, apuntou que a partir do vindeiro mes de xuño entrarán en funcionamento novos equipos de valoración da discapacidade, o que permitirá diminuír notablemente os tempos de resposta. Tamén destacou o reforzo da atención a dependencia, de tal xeito que hoxe en día máis do 83% das persoas dependentes reciben algunha prestación en Galicia.

Por último, Rey Varela garantiu a continuidade do apoio da Xunta ás necesidades das persoas maiores, como demostra o feito do novo incremento en máis dun 11% dos orzamentos da área de maiores para 2018 con respecto ao exercicio pasado, chegando a un montante global de case 310 millóns de euros.

Comentarios
Lo más