Sexualidade na idade adulta en Ames

Sexualidade na idade adulta en Ames
Sexualidade na idade adulta en Ames

Estas charlas enmárcanrse dentro do programa municipal de envellecemento activo Amessan

A Concellaría de Voluntariado e Benestar Social organizou durante este curso un conxunto de charlas que abordan algúns dos temas de maior interese para as persoas maiores de 60 anos. Estas charlas informativas son impartidas por Graciela Rivas, traballadora social e técnica superior en animación sociocultural, especializada en xerontoloxía e atención á terceira idade. Estos coloquios adoptarán a forma de obradoiros dinámicos, nos que o intercambio de información será o eixo fundamental na adquisición dos novos coñecementos.

A sexualidade na idade adulta é o tema escollido para esta charla, que se celebrará este martes, 29 de maio, na Casa da Cultura do Milladoiro de 18:30 a 19:30 horas. Esta sesión estará centrada nos acontecementos máis relevantes neste eido, traballando aspectos como as doenzas e os medicamentos que afectan a esta parte de vida, así como os cambios físicos, os mitos e os métodos e tratamentos que existen á hora de combater determinadas problemáticas.

PREVENCIÓN DE ESTAFAS E ROUBOS

A seguinte charla abordará a prevención de estafas e roubos. Esta conferencia realizarase o 4 de xuño, en horario de 17:00 a 18:30 horas, no local social de Trasmonte. Nesta ocasión, a charla será impartida por axentes das forzas de seguridade e por un técnico da Unión de Consumidores de Galicia, entidade coa que o Concello de Ames ten asinado un convenio para o asesoramento da cidadanía nesta materia. As peroas asistentes recibirán este día información relativa a este tipo de delitos.

Comentarios
Lo más