Galicia rexistra un 0,04% de superávit no primeiro trimestre deste ano

Galicia rexistra un 0,04% de superávit no primeiro trimestre deste ano
Galicia rexistra un 0,04% de superávit no primeiro trimestre deste ano

O conxunto das autonomías rexistrou un déficit do 0,12%

Galicia pechou o primeiro trimestre do ano cun superávit orzamentario do 0,04% do PIB, tal como vén de avanzar o Ministerio de Facenda e Función Pública, e mantén o seu compromiso de cumprir un ano máis os obxectivos de estabilidade orzamentaria fixados no Consello de Política Fiscal e Financeira.

Galicia é unha das seis comunidades autónomas que remataron o primeiro trimestre con superávit nas súas contas. Pola contra, os datos da Intervención Xeral do Estado indican que o conxunto das autonomías rexistrou un déficit do 0,12%, posto que once comunidades tamén rexistraron décifit orzamentario.

Neste exercicio 2018, o límite máximo de déficit autorizado polo Consello de Política Fiscal e Financeira para todas as comunidades autonómas é do 0,4%. 

O Ministerio de Facenda e Función Pública confirmou o mes pasado que Galicia foi unha das cinco comunidades autónomas que en 2017 conseguiu cumprir os tres obxectivos de estabilidade orzamentaria .

Comentarios
Lo más