"O alcalde socialista de Ames non inclúe na orde do día ninguha das dúas propostas presentadas por PxA"

"O alcalde socialista de Ames non inclúe na orde do día ninguha das dúas propostas presentadas por PxA"
"O alcalde socialista de Ames non inclúe na orde do día ninguha das dúas propostas presentadas por PxA"

Pacto x Ames considera que "o tripartito non cumpre co establecido no Regulamento de Organización Municipal e censura todas as propostas incómodas que proveñen de Pacto por Ames"

"Recibida a convocatoria do pleno para o xoves 31, o alcalde socialista de Ames non inclúe na orde do día ningunha das dúas propostas presentadas por PxA incumprindo claramente o estipulado no Regulamento de Organización Municipal. As dúas propostas son relativas á dotación de desfibriladores para os coches da policía local e para poñer na web municipal todas as mocións e propostas presentadas pola oposición, na que se reflecte o estado de execución o departamento encargado de realizalas e o investimento realizado. Isto suporía un avance importante na transparencia, da que tanto presumen e da que tanto carecen", afirman desde Pacto x Ames.

Pacto x Ames considera que "o tripartito non cumpre co establecido no Regulamento de Organización Municipal e censura todas as propostas incómodas que proveñen de Pacto por Ames, propostas que están centradas en cuestións que afectan directamente á veciñanza, non como as que presenta o socio preferente de Ames Novo, dedicado a presentar propostas que non se reflicten de forma directa nas persoas que viven en Ames, convertendo ao tripartito, de facto, no cuatripartito". 

"O ciberalcalde Miñones limítase a sondar nas redes sociais as ocorrencias que vai tendo, mostrando unha gran incoherencia absoluta ou unha falta de memoria alarmante. Agora que goberna pretende subir o prezo das escolas deportivas e cando estaba na oposición negábase e criticaba ao goberno de forma alporizada e dicindo que iso non pasaría se eles gobernaran", destacan. 

Por su parte, José Miñones aclara que "as propostas non entraron en tempo no rexistro e polo tanto non poden entrar de maneira orgánica no pleno, sen embargo eles mesmos saben perfectemente que poden presentalas por urxencia no mesmo día da celebración do pleno". El alcalde de Ames también quiso destacar que "nas miñas redes sociais fago o que quero e non teño que esperar que a oposición me diga o que teño de escribir".

Comentarios