Inauguración en Fonseca da reunión da Conferencia Española de Decanas e Decanos de Economía e Empresa (CONFEDE)

Inauguración en Fonseca da reunión da Conferencia Española de Decanas e Decanos de Economía e Empresa (CONFEDE)
Inauguración en Fonseca da reunión da Conferencia Española de Decanas e Decanos de Economía e Empresa (CONFEDE)

O acto de apertura terá lugar ás16:00 horas no Salón Nobre do Colexio de Fonseca

A Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da USC inaugura hoxe, xoves 31, a Conferencia Española de Decanas e Decanos de Economía e Empresa (CONFEDE). O acto de apertura terá lugar ás 16:00 horas no Salón Nobre do Colexio de Fonseca e a el asisten o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo; o reitor da USC, Juan Viaño; o secretario xeral de Universidades do Ministerio de Educación, Cultura e Deoprte, Jorge Sáinz González; a presidenta de CONFEDE, Ana María López; e a decana da Facultade, Emilia Vázquez. 

A reunión xuntará hoxe xoves e o venres no centro compostelá do Campus Norte un total de 80 decanos e vicedecanos de Economía e Empresa para procurar acordos, transmitir información de interese e artellar a opinión do colectivo. A conferencia ten lugar en Santiago co gallo do 50 aniversario dos estudos de economía en Galicia. 

A CONFEDE constituíuse no ano 1998 en Albacete e forman parte dela as decanas e os decanos das facultades e centros autorizados para expediren e impartiren os diversos títulos oficiais en Economía e Administración e Dirección de Empresas. 

Comentarios
Lo más