A Biblioteca Pública Ánxel Casal estará presenta na SELIC 2018

A Biblioteca Pública Ánxel Casal estará presenta na SELIC 2018
A Biblioteca Pública Ánxel Casal estará presenta na SELIC 2018

Todas as persoas que se acheguen á SELIC poderán coñecer a colección da Biblioteca a través dunha pequena representación dos seus fondos, constituída por libros, revistas e audiovisuais

A Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal participará na segunda edición da Semana do Libro de Compostela, organizada polo Concello de Santiago e a Mesa do Libro de Compostela, que se celebrará na emblemática Praza da Quintana dende o día 1 ata o 10 de xuño.

Todas as persoas que se acheguen á SELIC poderán coñecer a colección da Biblioteca a través dunha pequena representación dos seus fondos, constituída por libros, revistas e audiovisuais. Os asistentes terán a oportunidade de consultar estes materiais e obter información sobre os seus servizos: actividades culturais, clubs de lectura, "biblioteca accesible", consulta de Internet, prétamos de portátiles, de tabletas, de e-readers, etc. No propio posto se facilitarán os trámites para facerse socio ou socia e os onovs lectores poderán recoller a tarxeta na biblioteca. Os máis pequenos disporán ademais dun espazo especialmente adicado a eles para que poidan achegarse á lectura e desfrutar cos libros nun ambiente agradable,

A Biblioteca Pública de Santiago, coa súa presencia na SELIC 2018, desexa saír ao encontro dos cidadáns e das cidadás fóra das súas instalacións habituais ao tempo que comparte un mesmo espazo cos libreiros.

Comentarios