O Tripartito de Ames “planta” ao Consello Asesor de Comunicación e “pasa” da Radio Municipal

O Tripartito de Ames “planta” ao Consello Asesor de Comunicación e “pasa” da Radio Municipal
O Tripartito de Ames “planta” ao Consello Asesor de Comunicación e “pasa” da Radio Municipal

"É inadmisible que o Tripartito, con tres grupos municipais e sete dedicacións remuneradas, non asistiran, o que provocou que non houbera o quórum mínimo de asistencia", denuncia o PP de Ames

O Tripartito de Ames planta ao Consello Asesor de Comunicación e "pasa" da Radio Municipal e denuncia que "a primeira reunión do Consello asesor celebrouse coa asistencia de 8 membros, menos da metade dos 15 membros, pero a segunda reunión non se puido celebrar por non conseguir o quórum (un terzo de membros) de asistencia, faltando 2 membros. É inadmisible que o Tripartito, con tres grupos municipais e sete dedicacións remuneradas, non asistiran, o que provocou que non houbera o quórum mínimo de asistencia", explica nun comunicado.

"A primeira reunión tivo lugar o pasado 13 de setembro de 2017, acudindo á mesma un total de 8 membros. Nesta primeira reunión constitúese formalmente o Consello e trátanse un par de asuntos. A próxima reunión é a correspondente ao presente trimestre, e foi convocada para o pasado xoves 24 de maio, ás 20.00 horas no Salón de Plenos dá Casa do Concello. Todo cara a preverque a reunión contaría cunha maior presenza de membros dado os asuntos relevantes a tratase, pero para sorpresa dos presentes, faltaron dous membros para chegar ao terzo de membros do Concello, polo que non se puido celebrar o Pleno do ConcelloAsesor de Comunicación, nin tratar os asuntos da orde do día", denuncia o Grupo Municipal Popular.

"Chama á atención o desinterese mostrado polo goberno tripartito, que a pesar de ter dedicacións, non asistiron á reunión, o que provocou que non se puidera desenvolver por falta de quórum xa que non apareceu ningún membro do Psoe nin de Podemos. Unha irresponsabilidade máis. Evidentemente, a gran maioría de membros do ConselloAsesor son persoas que tes obrigacións familiares e laborais que conciliar, non recibindo remuneración ou dieta por asistencia algunha, polo que a falta a este tipo de convocatorias podería estar xustificada en función da súa situación persoal; pero o que é inadmisible é que os tres grupos municipais que forman o Tripartito de Ames, e que contan con sete membros con dedicacións convenientemente remuneradas non acudan, e planten ao ConselloAsesor de Comunicación e pasen da Radio Municipal, sen dar explicación algunha. Iso sen contar a falta de respecto que supón para os asistentes que se quedaron cun palmo de narices que e observaron desinterese do goberno de Miñones pola emisora municipal", suliña.

Así, e ante este insólito proceder, o Grupo Municipal Popular "presentou a súa queixa e solicitou remítaselle a documentación da orde do día que se ía a tratar; ao mesmo tempo que solicitou que antes de calquera reunión, xunto coa convocatoria remítase a documentación dos temas para tratar".

Comentarios