"Elas tamén pintan" retorna cunha nova edición

"Elas tamén pintan" retorna cunha nova edición
"Elas tamén pintan" retorna cunha nova edición

Trátase dunha acción que busca dar visibilidade e recoñcemento ás mulleres que traballan na arte urbana e no contexto do graffiti, un territorio que continúa sendo fundamentalmente masculino

Chega unha nova edición da actividade Elas tamén pintan, ao abeiro dos Orzamentos Participativos de Mocidade. Trátase dunha acción que busca dar visibilidade e recoñcemento ás mulleres que traballan na arte urbana e no contexto do graffiti, un territorio que continúa sendo fundamentalmente masculino.

A concelleira de Mocidade, Noa Morales, indicou que con esta actividade "buscamos rachar cos estereotipos de xénero e facilitar as mozas e mozos composteláns un espazo de creación feminista que permita, dende a arte, transformar a nosa cidade de xeito igualitario". A inscripción é de balde e pode realizarse ata o 6 de xuño.

Elas tamén pintan desenvólvese a través de tres módulos nos que se mesturan teoría e práctica, con clases teórica, roteiros guiados e obradoiros de creación. Márcanse tres obxectivos básicos, como son "coñecer onde están as mulleres artísticas, descubrir de que nos falan as pezas da nosa cidade e crear se contamos coas ferramentas adecuadas".

O programa comeza o próximo xoves 7 de xuño no Centro Xove da Almáciga e continuará cada mércores e xoves, de 17:00 a 21:00 horas, ata final de mes, ampliando o seu horario á quenda da mañá os días dos obradoiros prácticos. A docencia correrá a cargo da equipa de 7H, conformada por Eva Agra e Clara Rodríguez Cordeiro, e contará coa colaboración de Xoana Almar, de Cestola na Cachola, para a realizacoón dun dos obradoiros prácticos.

Ao ser un programa destinado á mocidade terán a prioridade na inscrición as mozas e mozos empadroados ou que estuden en Compostela, se ben se atenderán outras solicitudes de non cubrirse as prazas dispoñibles.

O martes 26 de xuño celebrarase, tamén no Centro Xove da Almáciga, un encontro aberto e mesa de experiencias entre a cidadanía interesada, o alumnado do programa e unha selección das artistas urbanas máis representantivas do noso contexto. Será a partir das 17:00 horas e xa están confirmadas Nana, Sax, Doa, Porte e Xoana Almar.

Comentarios
Lo más