Noia aproba bonificacións fiscais entre o 50% e 95% do IBI, ICIO e IAE

Noia aproba bonificacións fiscais entre o 50% e 95% do IBI, ICIO e IAE
Noia aproba bonificacións fiscais entre o 50% e 95% do IBI, ICIO e IAE

Santiago Freire anuncia que no mes de xuño realizaranse actuacións de mellora na Ponte do Campo

As empresas que se instalen en Noia poderán acceder a bonificacións fiscais de entre o 50 e o 95% do IBI, ICIO e IAE sempre que xeren novos postos de traballo no municipio. Así o aprobou o Pleno Municipal na súa sesión ordinaria do mes de maio, na que todos os puntos da orde do día, mocións incluídas, saíron adiante co apoio unánime de todos os grupos municipais.

A sesión comezou cun respectuoso minuto de silencio en memoria do ex alcalde de Outes, Carlos López Crespo. Despois, o pleno aprobou sen debate as modificacións das ordenanzas reguladoras do Imposto sobre Ben Inmobles (IBI), do Imposto de Actividades Económicas (IAE) e do Imposto sobre Construcións, Instalacións e Obras (ICIO) para introducir bonificacións para aquelas empresas que se instalen en Noia en función da cantidade de postos de traballo que xeren. Así, nos tres casos as bonificacións serán do 95% para as que xeren máis de 20 novos empregos, do 75% para as que creen entre 11 e 20 traballos, e 50% para as firmas que supoñan o nacemento de ata 10 empregos.

Así mesmo, o pleno aprobou a resolución dun expediente de investigación sobre a titularidade dun camiño en Redondelo, que tras as averiguacións realizadas pasa a ser ben demanial de dominio público.

Comentarios