Ana Peleteiro solicita ao alcalde de Ribeira un módulo de tecnificación deportiva

Ana Peleteiro solicita ao alcalde de Ribeira un módulo de tecnificación deportiva
Ana Peleteiro solicita ao alcalde de Ribeira un módulo de tecnificación deportiva

Ruiz Rivas comprometeuse a facer xestións para ver de materializar esta posibilidade tan interesante e para tal fin xa efectuou os primeiros contactos co Consello Superior de Deportes

O alcalde de Ribeira, Manuel Ruiz, mantivo esta semana unha reunión coa deportista Ana Peleteiro na que a triatleta lle solicitou riveirense ao rexedor a posibilidade de que o noso municipio dea cabida a un Módulo de Tecnificación Deportiva, especialmente dedicado á disciplina de saltos.

Ruiz Rivas comprometeuse a facer xestións para ver de materializar esta posibilidade tan interesante e para tal fin xa efectuou os primeiros contactos co Consello Superior de Deportes.

Unha instalación destas características (que se emprazaría no entorno do Complexo da Fieiteira) permitiría non só mellorar de maneira exponencial a calidade dos equipamentos dos atletas da bisbarra, senón que abriría a posibilidade de que o equipo de traballo de Ana Peleteiro tivese no concello de Ribeira outra alternativa para adestrarse nalgunhas épocas do ano.

Cómpre lembrar que antigamente xa houbo un módulo inicial de 50 metros con 6 rúas no que iniciaron a súa actividade as escolas municipais, pero que foi transformado en ximnasio con ocasión das obras de remodelación da Fieiteira ante a demanda maioritaria deste último servizo. Non obstante, o interese por un módulo de atletismo persiste e incluso vai en aumento ante o crecemento rexistrado nos últimos anos polo Club Atletismo Santa Uxía.

Comentarios
Lo más