O doutor Abel García recibe o Premio Nacional Honorífico da Sociedad Española de Cirugía Bucal

O doutor Abel García recibe o Premio Nacional Honorífico da Sociedad Española de Cirugía Bucal
O doutor Abel García recibe o Premio Nacional Honorífico da Sociedad Española de Cirugía Bucal

Concédenlle este galardón “por ser un referente na cirurxía oral cunha destacada actividade científica e publicacións relevantes nas principais revistas da especialidade, así como una dilatada traxectoria docente e cun gran compromiso coa sanidade pública” segundo destacou Eduard Valsameda, presidente da sociedade.

O Premio Nacional Honorífico da Sociedad Española de Cirugía Bucal SECIB 2017 recaeu no doutor Abel García García, xefe de Servizo de Cirurxía Maxilofacial da Xerencia de Xestión Integrada de Santiago de Compostela e profesor titular de Cirurxía Maxilofacial da Universidade de Santiago de Compostela (USC), pola súa contribución á cirurxía bucal e o seu compromiso coa sanidade pública. O galardón foi entregado este sábado nun acto celebrado en Madrid no transcurso do cal o doutor Eduard Valmaseda, presidente de SECIB, destacou que o doutor García, “é un referente da Cirurxía Oral e Maxilofacial en España, cunha destacada actividade científica e publicacións relevantes nas principais revistas da especialidade, así como unha dilatada traxectoria docente”.

Pola súa parte, Abel García, suliñou que este recoñecemento “vai ocupar un lugar destacado no meu currículum e no meu corazón, porque SECIB é unha sociedade científica que vin nacer, coa que procuro colaborar, á que pertencen todos os alumnos que formei en Cirurxía Bucal e, sobre todo, é a sociedade na que me encontro co meus mellores amigos.

Comentarios