Compromiso por Galicia visitou o vertedoiro da Grixoa xunto con membros da Plataforma de afectados polo vertedoiro Santiago de Compostela-Miramontes

A formación galeguista pregúntanse que máis ten que pasar para que cese a actividade

A agrupación local de Compromiso por Galicia visitou o vertedoiro da Grixoa xunto con membros da Plataforma de afectados polo vertedoiro Santiago de Compostela-Miramontes. Dende Compromiso califican a situación como moi grave en termos medioambientais e piden ás administracións que retiren a licenza para o cesamento total da actividade no vertedoiro. De igual modo, piden que se poña en marcha un plan de recuperación medioambiental. 

A formación galeguista pregúntanse que máis ten que pasar para que cese a actividade. Os controis técnicos de Augas de Galicia califican que o atopado no vertedoiro é "unha aberración contra o medioambiente". Cómpre lembrar que o vertido ten afectado ao Gato Fero, un dos afluentes do río Tambre- Tamén se teñen atopado animais mortos na contorna do vertedoiro, así como distintos materiais pesados duplicando os niveis máximos permitidos, expulsión de gases sen ningún tipo de control, contaminación de mananciais que suministran auga a Grixoa.

Por outra banda, tamén se está a producir o incumprimento da regulación en materia de tráfico ao ser usada a estrada do Garandón por camións de gran tonelaxe a pesar de estar restrinxido o paso a vehículos de 5,5T máximo.

Dende Compromiso piden responsabilidades ás administracións para que non sexan cómplices e deixen de permitir os deléixos das grandes empresas por riba da saúde e benestar da veciñanza.

Comentarios
Lo más