En Marea demanda un cambio no criterio das axudas dos afectados pola pirotecnia de Tui

En Marea demanda un cambio no criterio das axudas dos afectados pola pirotecnia de Tui
En Marea demanda un cambio no criterio das axudas dos afectados pola pirotecnia de Tui

Os veciños afectados consideran que a contía das axudas é insuficiente para poder volver á situación anterior

Un grupo de deputadas e deputados de En Marea reuniuse onte cos integrantes da plataforma de afectados pola explosión da pirotecnia de Paramos, no Concello de Tui. Na reunión, os veciños agrupados na plataforma sinalaron os principais defectos das axudas anunciadas pola Xunta para os afectados. Os veciños consideran que as axudas por vivenda son claramente insuficientes posto que as cantidades máximas non son as necesarias para reconstruír ou facer as casas de nova planta.

A plataforma veciñal de afectados explicou as carencias das axudas, unhas carencias que van desde a atención única e coordinada por parte dos distintos departamentos da Xunta ata a maneira en que se valoran as vivendas e a súa recuperación e tope máximo de axudas que está dispita a aboar o goberno autonómico.

Luís Villares, portavoz de En Marea, presentará no Parlamento de Galicia unha serie de medidas para facilitar a recuperación da vida dos veciños de Paramos tal e como tiñan antes da explosión. Nesta lista de propostas de En Marea figuran a ampliación dos máximos de axudas ata ter en conta unha cantidade menor das restriccións nos requisitos para a solicitudde. No mesmo sentido de facilitar o acceso dos veciños e veciñas ás axudas, entre as propostas de En Marea tamén figurará un sistema que facilite a tramitación das axudas e que evite que os veciños teñan que duplicar trámites en distintas administracións.

Comentarios
Lo más