O Clube de Patinaxe Artística Brión presume de canteira en Mos

O Clube de Patinaxe Artística Brión presume de canteira en Mos
O Clube de Patinaxe Artística Brión presume de canteira en Mos

O colectivo brionés participou a pasada fin de semana no III Trofeo Rosaleira Vila de Mos

A familia do Clube de Patinaxe Artística Brión tamén aproveita este final de tempada para continuar gozando desta modalidade que segue marcando tendencia na comarca de Compostela.

Así, a última exhibición do conxunto de Brión foi a pasada fin de semana en Mos co gallo do III Trofeo Rosaleira Vila de Mos. A este campionato, a familia do Brión acudiu cos tres grupos de show.

O colectivo local iniciaba a competición coa estrea do cuarteto de primaria "Muiños de Vento" na que foi a primeira experiencia nesta modalidade de cuarteto e o resultado foi moi positivo, posto que o equipo brionés acadou un segundo posto. "Estamos moi orgullosas do traballo que están a realizar as nosas patinadoras Antía, Paula M, Paula A, Icía e María", sinalan dende a entidade.

Despois foi a quenda do grupo de show primaria "Destinos Unidos" que conseguiu tamén un segundo posto.

O Clube de Patinaxe Artística de Brión rematou a tarde co seu grupo de show secundaria "Metamorfose", que despois de pasar por momentos difíciles polas lesións soubo defender a coreografía con moita forza e conseguiu outro segundo posto.

Comentarios
Lo más