A prevención de estafas e roubos centrará a nova charla informativa do ciclo de conferencias do programa Amessan

A prevención de estafas e roubos centrará a nova charla informativa do ciclo de conferencias do programa Amessan
A prevención de estafas e roubos centrará a nova charla informativa do ciclo de conferencias do programa Amessan

A conferencia deste mércores, 6 de xuño, terá lugar entre as 17:00h e as 18:30 horas no local social de Trasmonte. Nesta ocasión, a charla será impartida pola Policía Local e por un técnico da Unión de Consumidores de Galicia (UCGAL)

Este mércores, 6 de xuño, impartirase a cuarta charla informativa encadrada dentro do ciclo de conferencias do programa de envellecemento activo Amessan. Dita charla, que terá lugar ás 17:00 horas no local social de Trasmonte, xirará arredor da prevención de estafas e roubos. As conferencias, dirixidas a persoas maiores de 60 anos, están organizadas pola Concellaría de Voluntariado e Benestar Social, aínda que tamén neste caso esta aberta a toda a veciñanza que poida estar interesada.

Como novidade deste ano, a Concellaría de Voluntariado e Benestar Social organizou un conxunto de charlas arredor dos temas de maior interese para as persoas de máis de 60 anos. Para participar nestas charlas, que adoptan o formato de obradoiros dinámicos, non é preciso inscribirse previamente.

A conferencia deste mércores, 6 de xuño, terá lugar entre as 17:00h e as 18:30 horas no local social de Trasmonte. Nesta ocasión, a charla será impartida pola Policía Local e por un técnico da Unión de Consumidores de Galicia (UCGAL) – entidade coa que o Concello de Ames ten asinado un convenio para o asesoramento da cidadanía nesta materia -. O tema que se abordará nesta sesión será a prevención de estafas e roubos.

Comentarios