O Clube de Patinaxe Sarela afronta a súa gran cita

O Clube de Patinaxe Sarela afronta a súa gran cita
O Clube de Patinaxe Sarela afronta a súa gran cita

A entidade xa ultima todos os detalles de cara o evento da próxima fin de semana que terá lugar no Pavillón Municipal de Bertamiráns, que será testemuña da II Fase da Categoría Rexional e Probas de Acceso

Despois dunha fin de semana chea de fortes emocións o Clube de Patinaxe Sarela xa conta os días que restan para unha das grandes citas da tempada.

Así, a entidade xa ultima todos os detalles de cara o evento da próxima fin de semana que terá lugar no Pavillón Municipal de Bertamiráns, que será testemuña da II Fase da Categoría Rexional e Probas de Acceso, organizada polo Club de Patinaxe Sarela, coa colaboración da Federación Galega de Patinaxe, o Concello de Ames e a Deputación de A Coruña.

Nesta competición van participar 30 conxuntos de patinaxe artística de toda Galicia, que estarán representados por 124 patinadores das categorías alevín, infantil, cadete e absoluta. A competición comezará cos adestramentos dos patinadores que participan nas probas de acceso a categoría nacional o sábado día 9 ás 9:00 horas. Continuará a competición ata as 14:00 horas, volvendo a retomarse ás 16:00 horas. 

Xa o domingo, as 9:30 horas, terá lugar unha nova xornada de competición cos patinadores da categoría alevín, rematando a xornada en torno ás 14:00 horas coa entrega de trofeos.

Todo o público interesado poderá desfrutar desta competición que organiza o Club de Patinaxe Sarela, tendo o acceso ao pavillón entrada gratuíta.

Comentarios
Lo más