A Biblioteca Ánxel Casal acolle a exposición "Elisa no mundo das marabillas"

A Biblioteca Ánxel Casal acolle a exposición "Elisa no mundo das marabillas"
A Biblioteca Ánxel Casal acolle a exposición "Elisa no mundo das marabillas"

A mostra narra a historia do conto do mesmo título, desde a súa creación no obradoiro artístico do centro residencial da Asociación de Familias de Persoas con Parálise Cerebral ata a súa publicación por Galaxia

A Biblioteca Pública de Santiago de Ánxel Casal acolle desde onte e ata o vindeiro 30 de xuño a exposición Elisa no mundo das marabillas, a historia do proceso creativo tras un conto elaborado no obradoiro artístico do centro residencial de APAMP (Asociación de Familias de Persoas con Parálise Cerebral), publicado despois pola editorial Galaxia.

“A arte é, por natureza, inclusiva. Todas e todos podemos gozar da arte, da cultura. Como espectadores e como creadores. Creando cun fin, coma neste caso, para facer visible un colectivo de persoas con parálise cerebral, con forza e vitalidade, capaces de conseguir o que se propoñen cando o seu obxectivo é a superación persoal”, destacou o secretario xeral de Cultura durante a presentación da mostra, que, tras o seu paso polas bibliotecas públicas de xestión autonómica Antonio Odriozola de Pontevedra e Juan Compañel de Vigo, chega agora á de Santiago de Compostela.

Na inauguración estiveron tamén a directora xeral de Familia, Infancia e Dinamización demográfica, Amparo González; a xerente de APAMP, Concepción Somoza; a concelleira de Políticas Sociais do Concello de Santiago de Compostela, Concepción Fernández; a monitora do obradoiro artístico de APAMP, Fedra Alcaraz; a autora do conto, Diana Comesaña, e o director da Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal, Jesús Torres. O acto completouse co contacontos Elisa no mundo das marabillas, que foi interpretado por catro dos seus autores.

Comentarios
Lo más