domingo. 24.06.2018 |
El tiempo

A xestión das entidades deportivas na Universidade de Verán

A xestión das entidades deportivas na Universidade de Verán

O prazo de inscrición rematará o próximo 15 de xuño

A Universidade de Verán 2018 ofrece un curso sobre organización e xestión de entidades deportivas entre o 29 de xuño e o 1 de xullo na Casa Dopeso en As Pontes de García Rodríguez. A matrícula pode formalizarse de xeito presencial ou a través da páxina web ata o próximo 15 de xuño.

O curso, dirixido por Óscar Hermida Otero, ten como obxectivo favorecer o contacto directo entre os profesionais do sector e dotalos de ferramentas para levar a cabo o seu traballo diario nas diferentes entidades. Ademais, os participantes poderán comprender a evolución da xestión nas últimas décadas. O alumnado adquirirá as competencias en novas tecnoloxías que son necesarias para xestionar unha entidade deportiva.

As sesións tratarán o futuro inmediato das federacións deportivas autonómicas, nacionais e internacionais; a busca dunha xestión económica-financeira máis eficiente; as relacións laborais nas entidades deportivas; a xurisdición deportiva; o patrocinio deportivo; as novas tecnoloxías aplicadas á xestión deportiva; e o turismo deportivo. O alumnado poderá participar tamén nun obradoiro sobre a elaboración dun Plan de Seguridade.

Comentarios