Aprazo o mercado Eco&Art polo mal tempo de hoxe

Aprazo o mercado Eco&Art polo mal tempo de hoxe

O evento celebrarase de novo o día 16 na Praza Roxa, con máis de vinte postos de produtos ecolóxicos e artesanía de autor

As malas previsións meteorolóxicas para esta fin de semana obrigan a aprazar o Mercado Compostela Eco&Art previsto para hoxe sábado na Praza Roxa de Compostela. A cita volverá o día 16 con máis de vinte postos de produtos ecolóxicos e artesanía de autor, procedentes na súa maior parte de Santiago e comarca.

No Mercado Compostela Eco&Art participan produtores de alimentos ecolóxicos certificados e artesáns con propostas e deseños persoais. Organizada por Santiago Centro, a Asociación de Produtores Ecolóxicos de Galicia (APEGA) e a asociación Nonéomesmo, a cita conta co respaldo do Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia (CRAEGA), o Concello e Grupo Noya.

A programación de actividades prevista para o sábado 9 trasládase tamén ao día 16. Así, durante toda a mañá a asociación Só lles Falta Falar proporcionará información sobre educación e tenza de cans de compañía, e os alumnos da Escola Allegro levarán a cabo un concerto na carpa da música ás 13.00 horas.

Despois do aprazamento, aínda quedan catro datas antes do parón do verán para gozar da cita na Praza Roxa. Deste xeito, o Mercado Compostela Eco&Art celebrarase os días 16 e 23 de xuño; e 7 e 14 de xullo. Estará aberto de 11 a 20 horas.

O Mercado Compostela Eco& é unha aposta de Santiago Centro, Área Comercial pola dinamización do Ensanche santiagués. Coa celebración quincenal deste evento, o Centro Comercial Aberto busca promover o consumo nos establecementos de proximidade, ao tempo que promove a un estilo de vida san e ofrece alternativas de ocio a composteláns e visitantes.

Comentarios
Lo más