Daniel Cariñena López, do club de atletismo MillaRaio, consegue unha medalla de bronce no Campionato de España infantil individual

Daniel Cariñena López, do club de atletismo MillaRaio, consegue unha medalla de bronce no Campionato de España infantil individual
Daniel Cariñena López, do club de atletismo MillaRaio, consegue unha medalla de bronce no Campionato de España infantil individual

Representando a dito club acudiu Daniel Cariñena López, que participou nas especialidade de Triatlón D, conseguindo a medalla de bronce. Trátase da primeira medalla nacional do club en categoría masculina e a segunda na súa historia

O club de atletismo MillaRaio continúa conseguindo éxitos. Nesta ocasión, este club amesán participou o pasado fin de semana no campionato de España infantil individual, disputado nas pistas de atletismo de San Fernando, Cádiz. Representando a dito club acudiu Daniel Cariñena López, que participou nas especialidade de Triatlón D, conseguindo a medalla de bronce. Trátase da primeira medalla nacional do club en categoría masculina e a segunda na súa historia. Ademais, cómpre lembrar que no último fin de semana do pasado mes de febreiro os atletas do MillaRaio acadaron cinco medallas no campionato galego individual de pista cuberta.

Ademais, cómpre lembrar que no último fin de semana do pasado mes de febreiro os atletas do MillaRaio acadaron cinco medallas no campionato galego individual de pista cuberta disputado en Ourense. Un total de 24 atletas participaron nas categorías benxamín, alevín e infantil. Nos 60 metros lisos infantís, Daniel Cariñena alzouse co título de campión galego da especialidade, secundado no podio polo seu compañeiro de equipo Matías Barca, que logrou o subcampionato galego.

No lanzamento de peso benxamín, Ariana Collazo foi prata cun gran lanzamento de 5,92 metros. Nos 60 metros valas infantís, Matías Barca logrou a súa segunda medalla do campionato ao entrar terceiro na final, pulverizando a súa marca persoal. Para pechar a xornada, no triplo salto infantil, Ángela Eiras cun salto de 9,31 metros, conseguiu un merecido bronce.

Por outra banda, no campionato de España de lanzamentos longos de inverno, disputado en Castellón, Daniel Mato rozou a medalla de bronce no lanzamento de xavelina conseguindo finalmente unha meritoria cuarta posición con marca persoal incluída.

Asemade, Zulfa Muiño participou, en Burjassot, no campionato de España de marcha de seleccións autonómicas coa selección galega. Tras unha gran actuación, con marca persoal incluída, entrou en meta como terceira galega achegando os puntos necesarios para que a selección lograse o bronce por autonomías.

Comentarios