Andaina solidaria en Oroso

Andaina solidaria en Oroso

Os participantes percorreron unha distancia de cinco quilómetros e ao remate andaina houbo un sorteo de productos

Máis de 400 persoas participaron esta mañá nunha andaina solidaria organizada polo Concello de Oroso a favor da Asociación de Axuda a Nenos Oncolóxicos de Galicia (Asanog). O mal tempo non impediu que a convocatoria fose un éxito e na andaina participou o grupo de goberno, liderado polo alcalde Manuel Mirás. “Para o Concello de Oroso é moi importante colaborar con iniciativas solidarias deste tipo”, manifestou.

Na andaina participou tamén o doutor José Miguel Couselo Sánchez, natural de Oroso e que desenvolveu toda a súa traxectoria profesional no eido na oncoloxía pediátrica. O alcalde anunciou que será nomeado o próximo outono fillo predilecto do Concello.

Asanog é unha asociación sen ánimo de lucro que naceu en 2012 a iniciativa dun grupo de familias cun denominador común, ter un fillo enfermo de cancro, e co obxectivo de contribuír no ámbito de Galicia ao mellor estado dos nenos oncolóxicos e as súas familias.

Os participantes percorreron unha distancia de cinco quilómetros e ao remate andaina houbo un sorteo de productos. Ademais, todos os interesados puideron dar donativos para colaborar coas actividades da asociación.

Comentarios