MINA NON

Hoxe celébrase una multitudinaria manifestación para amosar o rexeitamento contra a mina de Touro

A Plataforma Veciñal Mina de Touro-O Pino Non e a Plataforma en Defensa da Ría de Arousa (PDRA) convoca unha manifestación hoxe, domingo, 10 de xuño en Santiago de Compostela, que sairá da Alameda ás 12:00 h e rematará na Praza do Obradoiro donde se lerá un manifesto.

O obxectivo desta manifestación é dar expresión ao malestar e alarma social xerada polas repercusións do macro-proxecto mineiro da multinacional Atalaya Mining, tanto para a contorna agro-gandeira e turística de Touro-O Pino como para o motor socio-económico da ría de Arousa, a súa produción marisqueira, pesqueira, de mexillón e turística.

Dende as dúas plataformas consideran o conxunto da sociedade galega debe ser partícipe dun amplo debate social sobre a necesidade de impulsar os seus modelos socio-produtivos do campo e do mar, íntimamente vencellados co seu reclamo turístico e claramente sostibles económica, social e ambientalmente e que fixan poboación e xeran espectativas de futuro ás novas xeracións ou optar por abrir a porta a un modelo extractivista, depredador de recursos, destrutor de emprego e ambientalmente inviable que, ademais non deixa a riqueza aquí.

Este debate que están promovendo, foi cristalizando ao longo destes meses en posicionamentos de consenso entre as forzas políticas e con apoios transversais no conxunto da sociedade, que se expresan en apoios institucionais ás nosas reivindicacións como na pluralidade de apoios á convocatoria desta manifestación por parte de colectivos e organizacións sociais, políticas e de todo tipo.

Rematan as súas pltaformas animando ao conxunto da cidadanía a saír hoxe mesmo para apoiar as reivindicacións.

Comentarios