lunes. 25.06.2018 |
El tiempo

A Plataforma Casalonga Limpa de Residuos denuncia que Santiago está rodeada de empresas altamente contaminantes

A Plataforma Casalonga Limpa de Residuos denuncia que Santiago está rodeada de empresas altamente contaminantes

A veciñanza de Teo alarmouse ao coñecer o proxecto dunha planta de residuos de grandes dimensións ao carón das súas casas

A Plataforma Casalonga Limpa de Residuos denuncia a través dun comunicado que a empresa de Vigo Toysal está tramitando a solicitude de licenza e que a planta de residuos, de aprobarse, suporá unha grave degradación da zona e provocará perxuízos irreparables na ecoloxía; que haberá 40.000 habitantes afectados a curto prazo (a menos de 2 quilómetros hai un colexio, unha unitaria, unha gardería e unha residencia de maiores); gran cantidade de afectados a medio prazo, dende Santiago de Compostela á ría de Arousa, dado que a producción da planta afectará aos acuíferos que desembocan na ría; e perxuízos turístico ao afectar directamente ao Camiño Portugués.

A plataforma veciñal presentouse en sociedade o pasado luns día 4 e xa ten previstas unha serie de actuacións. "Xa iniciamos contactos co Concello e coa directora Xeral de Calidade Ambiental e estamos preparando una campaña informativa, de inscripción de socios e reivindicativa para sensibilizar a toda a poboación afectada", sinalan.

A campaña comezou a pasada fin de semana aproveitando os actos deportivos e culturais do concello. Especialmente presente na Feira da Terra. Sumouse tamén aos actos organizados nesta fin de semana en Santiago polas plataformas Mina de Touro-O Pino Non e a de Afectados polo Vertedoiro Santiago de Compostela-Miramontes e está a preparar unha andaina reivindicativa para o domingo 17.

Comentarios