Curso de lingua de signos no Ateneo

Curso de lingua de signos no Ateneo

Será gratuíto e se levará a cabo no salón de actos do Ateneo

Hoxe martes o Ateneo de Santiago, en colaboración coa Asociación de Persoas Xordas de Santiago de Compostela, realizará un curso gratuíto de sensibilización en lingua de signos española, impartido por un profesional xordo, especialista en Lingua de Signos. A sesión levarase a cabo ás 18.00 horas no salón de actos do Ateneo de Santiago, situado na Praza de Salvador Parga, 4-2º, de Santiago de Compostela e consistirá nunha charla de sensibilización sobre a cultura xorda (que é unha persoa xorda, lingua das persoas xordas…) e unha clase de iniciación básica en lingua de signos española.

Por último, o mércores ás 20.00 horas presentarase na Rúa do Vilar, 19, o libro Dorna Saudal. Poemas do mar e léxico mariñeiro de Antón Zapata García, estudo, edición literaria e notas de Miro Villar, unha compilación dos textos poéticos do escritor de Laxe Antón Zapata que teñen relación co mar e en particular coa Costa da Morte ou «costa brava». Organizado polo Ateneo de Santiago coa colaboración de Afundación, no acto participarán Miro Villar, profesor de secundaria, doutor e poeta, Francisco Fernández Rei, profesor da USC e membro da RAG, e Pilar Sampedro, que abrirá o acto en representación do Ateneo.

Comentarios