Xoaquín Fernández Leiceaga reclama un cambio na política forestal da Xunta

Xoaquín Fernández Leiceaga reclama un cambio na política forestal da Xunta

O portavoz socialista reivindicou unha política forestal dirixida a facer "un mundo rural viable"

O portavoz parlamentario, Xoaquín Fernández Leiceaga, propón un prazo de 10 anos para ordenar 60.000 hectáreas de monte produtivo e facer un "mundo rural viable" e protexido dos incendios. Urxiu hoxe a darlle un "cambio de raíz" á política forestal do goberno galego para superar o "fracaso" da xestión do Partido Popular.

Leiceaga criticou o "abandono" do monte galego por un goberno incapaz de conseguir un medio que producira rendas suficientes, parcialmente desprotexido, pasto dos incendios e sen ordenar. O portavoz socialista reivindicou unha política forestal dirixida a facer "un mundo rural viable".

Comentarios
Lo más