O reitor recibiu en San Xerome a profesora María Pilar Alonso Abad, XXII Premio Grupo Compostela–Xunta de Galicia

O reitor recibiu en San Xerome a profesora María Pilar Alonso Abad, XXII Premio Grupo Compostela–Xunta de Galicia

Alonso Abad foi merecedora do galardón –que recollerá o 6 de setembro en Salamanca no marco da XXIV Asemblea Xeral do Grupo Compostela de Universidades- pola súa contribución “á difusión dos valores do Camiño de Santiago na súa faceta de conferenciante e as súas singulares investigacións sobre o seu patrimonio cultural”.

A académica e investigadora da Universidade de Burgos María Pilar Alonso Abad, galardoada co XXII Premio Internacional Grupo Compostela–Xunta de Galicia, atópase estes días de visita en Santiago, e esta mañá aproveitou para reunirse co reitor da USC, Antonio López. A secretaria executiva do Grupo Compostela de Universidades, María Teresa Carballeira Rivera, acompañounos na xuntanza en San Xerome.

Alonso Abad foi merecedora do galardón –que recollerá o 6 de setembro en Salamanca no marco da XXIV Asemblea Xeral do Grupo Compostela de Universidades- pola súa contribución “á difusión dos valores do Camiño de Santiago na súa faceta de conferenciante e as súas singulares investigacións sobre o seu patrimonio cultural”.

María del Pilar Alonso Abad é coordinadora do proxecto europeo Marie Curie en Arqueoloxía e Patrimonio Cultural, membro da sociedade Ernst-Herzfeld-Gesellschaft de estudios de patrimonio islámico e membro do Comité científico internacional da Asociación de Municipios do Camiño de Santiago. É autora de obras como El Real Monasterio de Las Huelgas de Burgos e Las Vidrieras de la Catedral de Burgos.

Licenciada en Filosofía e Letras pola Universidade de Navarra e en Humanidades pola Universidade de Burgos, Pilar Alonso é doutora en Humanidades coa especialidade en Historia da Arte por esta universidade.

Comentarios